Nuria
Rebollo Quintela
Profesora Titular de Universidade
Departamento: Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro: Facultade de Ciencias da Educación
Área: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Grupo de investigación: Benestar e Vida Activa en Contextos Educativos
Correo: nuria.rebollo@udc.es
Doutora pola Universidade da Coruña coa tese Programa de inserción laboral "Puesto a Puesto VII" evaluación de la eficacia 2014. Dirixida por Dr. Jesús Miguel Muñoz Cantero.
Profesora Titular da área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da Universidade da Coruña (UDC), onde desenvolve a súa carreira docente e investigadora desde 2011 (con dous quinquenios de docencia recoñecidos e un sexenio de investigación). Doutora Internacional pola Universidade da Coruña con cualificación de sobresaliente cum laude e Premio extraordinario. Estudos financiados con bolsas de terceiro ciclo da Universidade da Coruña (2009-2010) e contratos predoctorales do Plan Galego de Investigación da Xunta de Galicia (2011-2014). Licenciada en Psicopedagoxía (UDC) e Diplomada en Educación Infantil (UDC). Participou en actividades de avaliación científica como a desempeñada como membro vocal de diferentes comités de axencias de avaliación (ANECA e ACSUG) e como revisora externa en revistas científicas de recoñecido prestixio (Revista de Educación do Ministerio de España, Revista de Investigación Educativa, Revista Española de Orientación e Psicopedagoxía, Estudos sobre Educación). Pertencente ao grupo de investigación Benestar e Vida Activa en Contextos Educativos (EUNOIA), así como á Rede Nacional de Investigación en Lecer “OCIOGUNE”, Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación (RIPO) e á Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica (AIDIPE). Dentro da Xestión desempeñou cargos unipersoais na da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña como Vicedecana de Calidade (2016-2024), Coordinadora do Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, Titora de Atención á Diversidade e Coordinadora do Plan de Acción Titorial. Tamén cargos unipersoais no Centro Asociado da UNED na Coruña como Coordinadora do Centro de Orientación e Emprego (COIE) (2018-2021). Impartiu docencia nos Graos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social así como na Licenciatura e Máster en Psicopedagoxía na Facultade de Ciencias da Educación (UDC) e foi titora nos Graos de Pedagoxía e Educación Social (UNED). Conta con dúas avaliacións excelentes no programa DOCENTIA. Directora de numerosos traballos avanzados de estudantes de Máster (TFM) e Traballos de Fin de Grao (TFG). Coordinación docente de grupos de estudantes con Bolsas de Concorrencia Competitiva: Bolsas de colaboración en Departamentos concedidas polo Ministerio de Educación, Secretaría de Estado de Educación (2019/2020 e 2017/2018) e pola Universidade da Coruña (2020/2021 e 2017/2018) co fin de iniciarse en tarefas de investigación vinculadas a estudos oficiais e para facilitar a súa futura orientación profesional e investigadora. Nos últimos anos centrou a súa actividade investigadora no estudo do benestar escolar da infancia nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia desde a perspectiva do alumnado, profesorado, familias e departamentos de orientación. Tamén conta con numerosas obras noutras dúas liñas de investigación nas que traballa: a avaliación da Educación Superior desde a implantación do Espazo Europeo de Educación Superior; e a análise da transición e inserción no mercado laboral dos mozos e os colectivos vulnerables e/o en risco de exclusión social. Os seus achados publicáronse en revistas de recoñecido prestixio no ámbito da educación, indexadas en JCR e SCOPUS, o que lle permitiu a concesión do sexenio relativo ao tramo de investigación 2013-2021.