Research Portal of the
Universidade da Coruña
The Research Portal of the Universidade da Coruña, managed by the University Library, brings together the scientific production of the institution with the aim of improving the visibility and transparency of research activity and providing tools for its analysis. It facilitates the exploration of the university structure, the location of experts in various disciplines, access to their publications and the consultation of bibliometric indicators at individual, collective and institutional level.
Anyone can access the portal, but it is necessary to identify oneself as a member of the university community to view some indicators and to have access to other options such as access to the full text of documents. Research staff can also download their CVN, reports with the standardized impact of their publications and manage their researcher profile.
O VI Workshop SISAE, organizado polo grupo MODES da Universidade da Coruña, abordou novos métodos aplicables a ámbitos como a saúde, a economía e a análise territorial.
10/09/2026Oito de cada dez graos está ao 100% de ocupación, o que supón que un 78,6 % das titulacións teñen cubertas todas as prazas ofertadas Este curso iníciase a docencia descentralizada de Medicina, coa implantación no segundo cuadrimestre da docencia clínica de 5º curso
07/09/2026O grupo, formado por alumnado da Escola Municipal de Música da Coruña, gañou a primeira edición do Torre67 Fest coa súa versión de “Starman”, de David Bowie
07/09/2026Este programa de captación de talento investigador de excelencia en colaboración co Grupo Inditex ven de ser seleccionado pola Comisión Europea nas accións Marie Skłodowska-Curie de Horizonte Europa Permitirá incorporar 15 investigadores posdoutorais internacionais nos centros de investigación da Universidade da Coruña CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía), especializado en química, ciencias da vida, biotecnoloxía, novos materiais e biomedicina. CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións), referente en intelixencia artificial, ciencia de datos, ciberseguridade, matemáticas e tecnoloxías dixitais. CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil), especializado en construción sostible, infraestruturas, medio ambiente, resiliencia climática e enxeñaría civil. CITENI (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais), centrado na enxeñaría industrial e naval, a enerxía, a fabricación avanzada e a física aplicada.
04/09/2026Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo de solicitude para participar nas visitas escolares que terán lugar nos vindeiros meses no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña. Máis de 400 estudantes visitarán os laboratorios do centro durante este curso, dos cales se seleccionarán 20 para realizar unha estadía cos grupos de investigación. Como novidade, nesta edición, o persoal docente tamén poderán participar nas estadías para trasladar a experiencia científica ás aulas. 1ª fase: visitas de centros ao CICA e selección de estudantes entre outubro e decembro de 2026 2ª fase: estadías curtas en laboratorios de xaneiro a marzo de 2027 3ª fase: Congreso Incrústate que se celebrará en abril de 2027 4ª fase: estadías longas en grupos de investigación para o alumnado finalista - abril e xuño de 2027
03/09/2026A súa investigación centrarase en analizar o cumprimento das políticas ambientais da UE, unha vez se converten en obrigas xurídicas e a súa aplicación pasa ao ámbito local. As ERC Starting Grants, consideradas entre as axudas máis prestixiosas e competitivas do sistema europeo de investigación, están dotadas de 1,5 millóns de euros.
03/09/2026O TFG defendido o pasado mes de xullo na Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña (UDC) estuda como o recoñecemento, o desenvolvemento profesional, a confianza no liderado e o sentimento de pertenza inflúen na decisión de permanecer nunha organización. Iván Montero Barros, graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos, aplica o concepto de employee journey e analiza as oportunidades e os retos éticos do uso da psicoloxía, a neurociencia, a análise de datos e a intelixencia artificial na xestión das persoas.
02/09/2026IBEREO 2026, o Encontro Ibérico de Reoloxía, comeza este mércores no Campus Industrial de Ferrol coa participación de especialistas e persoal investigador de referencia internacional. A cita, organizada conxuntamente polo Grupo Español de Reoloxía (GER) e a Sociedade Portuguesa de Reoloxía (SPR), desenvolverase ata o venres coa coordinación desde Ferrol dos grupos de Polímeros e PROTERM do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais da Universidade da Coruña, o CITENI. Durante tres xornadas, IBEREO 2026 abordará os últimos avances no estudo do comportamento de materiais e fluídos e as súas aplicacións en ámbitos como a alimentación, a enerxía ou a industria.
02/09/2026A Reitoría acolleu hoxe a toma de posesión dos novos titulares de Planificación Estratéxica; Profesorado; Estudantes e Empregabilidade; da recen creada Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial e da Xerencia Entre as prioridades da UDC, Ricardo Cao, salientou a transformación dixital, a captación de talento, a internacionalización e o impulso dos grandes proxectos estratéxicos da universidade
01/09/2026