María
Barreiro Gen
Profesora Axudante Doutora
Departamento: Economía
Centro: Facultade de Economía e Empresa
Área: Economía Aplicada
Grupo de investigación: Grupo Jean Monnet de Competitividade e Desenvolvemento
Correo: maria.gen@udc.es
Web persoal: https://www.researchgate.net/profile/Maria-Barreiro-Gen
Doutora pola Universidade da Coruña coa tese Economic analysis of the loss of productive factors social and labor inclusion of the prison population of Galicia (Spain) 2016. Dirixida por Dra. Isabel Novo Corti.
María Barreiro-Gen traballa actualmente na Universidade da Coruña (UDC), España. Tamén traballou como Profesora Asociada na University of Gävle (Suecia), e na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Conta cunha Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas, unha Licenciatura en Dereito e un Máster en Xestión e Políticas Públicas. Obtuvo o seu Doutoramento en Economía (cum laude) en 2016 na UDC, España, polo que lle concederon premio extraordinario e mención de doutoramento internacional. A súa formación permitiulle aprender de diferentes disciplinas. Dende fai máis de dez anos investiga sobre políticas públicas, organizacións sustentables, desenvolvemento económico, cuestións de xénero, administración, xestión e educación, dende unha perspectiva tanto internacional como local. Así mesmo, impartiu docencia en diferentes países, disciplinas (por exemplo, economía, administración, dereito, inxeniería) e entornos (presencial e en liña). Barreiro-Gen publicou máis de 40 artigos e recibiu premios de investigación por algúns deles (por exemplo, "artigo destacado" nos Emerald Literati Awards). Tamén revisou e editou artigos científicos en revistas de recoñecido prestixio. Colaborou con académicos/as doutros países (por exemplo, Sudáfrica, México, Reino Unido, Italia, Portugal), participando en proxectos nacionais e da UE (por exemplo, co-supervisando a un estudiante de doutoramento Marie Skłodowska-Curie no marco dun proxecto ITN). Barreiro-Gen traballou con diferentes actores sociais, como portos da UE, pymes e clubs de fútbol. O seu traballo presenta un alto nivel de divulgación, coa participación en máis de 30 foros a nivel mundial.