Desarrollo de un plan de estudios de inteligencia artificial para la educación preuniversitaria en Europa

  1. Guerreiro Santalla, Sara
Dirixida por:
  1. Francisco Bellas Bouza Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de outubro de 2023

Tribunal:
  1. Félix de la Paz López Presidente/a
  2. Óscar Fontenla Romero Secretario
  3. Dalila Durães Vogal
Departamento:
  1. Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información

Tipo: Tese

Teseo: 822206 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente tese doutoral desenvolve un plan de estudos para a ensinanza formal dos fundamentos da intelixencia artificial (IA), deseñado especificamen- te para estudantes de educación secundaria no ámbito europeo. Está baseado nun enfoque de axente intelixente como sistema situado nunha contorna co que interactúa de forma autónoma para alcanzar obxectivos. En consecuencia, o plan de estudos abrangue a formación en IA dende unha perspectiva ampla, tratando temas como a percepción, a actuación, a representación, o razoamento e a aprendizaxe, entre outros. Proponse unha metodoloxía STEAM mediante a cal os estudantes aprenden facendo, a través da programación de solucións a problemas no mundo real. Unha implementaci´on específica do plan de estudos foi validada en centros educativos europeos por profesores e estudantes durante tres anos, no marco dun proxecto Erasmus+, dando lugar a unha serie de unidades didácticas e ferra- mentas para o aula que tiveron un gran impacto educativo. Ademais, en resposta ás necesidades detectadas durante a validación para a súa implementación final, desenvolveuse un prototipo de Sistema de Tutorización Intelixente. Este siste- ma, probado con estudantes en Europa e Estados Unidos, complementa o plan de estudos facilitando o proceso de ensino-aprendizaxe, proporcionando recur- sos e orientación adicional. No seu conxunto, a presente investigación representa unha valiosa contribución ao avance e desenvolvemento da comunidade da IA na educación.