O clima da aula e a súa influencia na organización do proceso de ensino-aprendizaxe

  1. Cecilia Albacete Vázquez
  2. Ana Sánchez Bello
Revista:
Eduga: revista galega do ensino

ISSN: 2171-6595

Ano de publicación: 2016

Número: 71

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Eduga: revista galega do ensino

Resumo

O obxectivo da investigación é coñecer cal é o papel do docente na aparición de comportamentos disruptivos na aula, coa finalidade de reducir estas condutas e evitar as continuas interrupcións dentro do proceso de ensino-aprendizaxe. Desde esta perspectiva e baseándonos nunha investigación etnográfica, preséntase un proxecto realizado desde a Área do Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural baseado nunha metodoloxía construtivista que ten por obxectivo motivar e reforzar positivamente o alumnado para conseguir un comportamento máis asertivo.