Análisis del enfoque AICLE en Educación Infantilla educación musical y auditiva en el aprendizaje de la lengua extranjera

  1. Cancela-Pose, Sara
Dirixida por:
  1. María Bobadilla-Pérez Co-director
  2. Rocío Chao-Fernández Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 13 de abril de 2021

Tribunal:
  1. Alfredo Rodríguez López-Vázquez Presidente/a
  2. María Victoria López Pérez Secretario/a
  3. Vicenta Gisbert Caudeli Vogal
Departamento:
  1. Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación

Tipo: Tese

Teseo: 652777 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

As políticas lingüísticas europeas promoven a formación dun cidadán plurilingüe, para o cal é necesario utilizar unha metodoloxía que favoreza esa aprendizaxe, coma o enfoque AICLE. Por outro lado, a Educación Musical favorece o desenvolvemento de diferentes competencias, como a lingüística, máxime se ambas se inician a idades temperás. Partindo das hipótese de que a integración da Educación Musical como ferramenta na aula de lingua estranxeira favorece a súa adquisición, este traballo céntrase no estudio e aplicación das sinerxias de ambas áreas. Para isto, tras a elaboración do marco teórico analízase o emprego da música na aula de lingua estranxeira a través da observación e a entrevista. Finalizada a análise, destácanse as vantaxes do traballo en conxunto e conclúese a necesidade dunha maior formación do profesorado, tanto en metodoloxías para o plurilingüismo como para a docencia musical en Educación Infantil. Por último, tendo en conta as conclusión extraídas do marco teórico e os resultados do estudo, deséñase unha proposta de intervención interdisciplinar na que se exemplifica como aplicar o enfoque AICLE e o traballo da Educación Musical en Educación Infantil.