Ruth
Varela Rodríguez
Invest. Programa Juan de la Cierva
Departamento: Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Centro: Escola Técnica Superior de Arquitectura
Área: Composición Arquitectónica
Grupo de investigación: Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio
Correo: ruth.varela1@udc.es
Web persoal: https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/AR2GG
Doutora pola Universidade da Coruña coa tese Exploración y construcción de conocimiento sobre Patrimonio Cultural mediante formalismos gráficos 2020. Dirixida por Dr/a. César González Pérez, Dr. Fernando Agrasar-Quiroga.
Ruth Varela é investigadora Juan de la Cierva na Universidade da Coruña (UDC) – adscrita ao CISPAC– e forma parte do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP). Con anterioridade, foi investigadora FPI no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, recibindo o Premio Extraordinario de Doutoramento pola súa tese: Exploración e construción de coñecemento sobre patrimonio cultural mediante formalismos gráficos. A súa liña de investigación actual, «As paisaxes do coñecemento», aborda a relación entre as formas de xeración de coñecemento, e de produción de sentido, e os modelos territoriais, espaciais e paisaxísticos. Nesta liña inclúe tamén o estudo dos procesos de patrimonialización da natureza dos pobos indíxenas do México antigo e de Galicia, para o que emprega, como ferramenta cognoscitiva, un dos elementos de significación cultural máis ricos da paisaxe: unha flor, a flor atzcalxõchitl dos mexicas; integrando así a investigación desenvolvida nos últimos anos sobre este endemismo mexicano, posteriormente rebautizado como Flor de Santiago; Sprekelia formosissima (L) Herb. Trátase dunha liña de investigación interdisciplinar e de fronteira entre a arquitectura, a paisaxe, a historia cultural, a botánica, a agroecoloxía, a ecoloxía política, a historia e a socioloxía ambientais, a filosofía, a enxeñería de software e a neurociencia. Entre as súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense: Ruth Varela. La arquitectura del conocimiento. Comunicar la arquitectura. Del origen de la modernidad a la era digital, ed. por J. Calatrava Escobar, D. Arredondo Garrido, M. Rodríguez Iturriaga (Granada: Editorial Universidad de Granada, 2024): 1523-1534 (Comunicación presentada en el IV Congreso Internacional Cultura y Ciudad, Granada, España, 24-26/01/2024). Ruth Varela. «Preservar el futuro de Compostela: patrimonio, retos ecosociales y salud urbana». Crítica Urbana. Revista de Estudios Urbanos y Territoriales Vol. 7, núm. 31, Galicia. Conflictos socioambientales. A Coruña: Crítica Urbana (marzo 2024): 29-34. Ruth Varela, Exploración y construcción de conocimiento sobre Patrimonio cultural mediante formalismos gráficos (tesis doctoral, Universidade da Coruña, 2020), https://portalinvestigacion.udc.gal/documentos/5f88eb0029995259ef297639 Benito Vilas-Estévez, Ruth Varela y A. César González-García. «Previous tradition? Coincidence? Design? How it was possible to create the illumination effects at the Cathedral of Saint James (Galicia, Spain)?», Mediterranean Archaeology and Archaeometry, Vol. 18, núm. 4. Oxford: Archaeopress Oxford (2018): 251-258. Sonia Vázquez-Díaz, Ruth Varela y Juan Ignacio Prieto López. «Emociones capturadas. La Casa Gili a través de su registro fotográfico», ZARCH, Journal of interdisciplinary studies in Architecture and Urbanism, núm. 9, Arquitectura, cultura y mirada visual. Zaragoza: IFC-PUZ, Institución «Fernando el Católico» – Prensas de la Universidad de Zaragoza (2017): 160-175. Sonia Vázquez Díaz, Juan Ignacio Prieto y Ruth Varela. «Cajas vacías para la emoción. Los patios interiorizados de la Casa Carvajal en Somosaguas, Madrid», RITA, Revista Indexada de Textos Académicos, núm. 8. Madrid: redfundamentos (2017): 94-101. Ruth Varela, Flor de Santiago (Santiago de Compostela: Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia & Flor de Santiago, 2017): 1-256.