Raimundo
Otero Enríquez
Profesor Contratado Doutor
Departamento: Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Centro: Facultade de Socioloxía
Área: Socioloxía
Grupo de investigación: Grupo de Estudos Territoriais
Correo: raimundo.otero@udc.es
Raimundo Otero Enríquez, doutor en Socioloxía, é actualmente profesor contratado doutor no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación (Universidade da Coruña - UDC) e membro do Grupo de Estudos Territoriais (GET). A súa carreira docente céntrase en materias relacionadas co ensino da estatística aplicada ás ciencias sociais, análise estatística multivariada, e deseño de proxectos de investigación, tanto en niveis de grao coma de posgraduado. As súas principais liñas de investigación desenvolven temas relacionados coa socioloxía e a historia urbana, a innovación docente e a didáctica da estatística. Tamén, recentemente, está a realizar tarefas de investigación no ámbito da ciencia dos alimentos. Participou en 6 proxectos de investigación de I+D en convocatorias competitivas, en diferentes proxectos de innovación e coordinación docente, así coma no desenvolvemento de 7 contratos e convenios con distintas administracións e entidades privadas. Ata agora publicou un total de 20 artigos en revistas indexadas en WOS e SCOPUS, 12 capítulos de libros indexados en SPI, e un libro (Sociología e historia de la ciudad desconcentrada, 2017), editado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas. Participou en 38 congresos internacionais, nacionais e autonómicos. Finalmente, ten recoñecidos 2 quinquenios docentes e 1 sexenio de investigación. Obtivo, no ano 2003, o segundo premio nacional fin de carreira. A súa tese, co título "Procesos internacionales de desconcentración urbana. Hacia un modelo de transición territorial", gañou o premio extraordinario de doutoramento da UDC (área de economía e socioloxía) no ano 2014. No 2023 obtivo un certificado de excelencia docente no marco do XI Programa Docentia da UDC. Fóra do ámbito universitario, desenvolveu unha carreira profesional ao longo dunha década no sector galego da consultoría en investigación de mercados e opinión.