Paulino
Montes Solla
Profesor Axudante Doutor
Departamento: Economía
Centro: Facultade de Economía e Empresa
Área: Economía Aplicada
Grupo de investigación: Grupo Jean Monnet de Competitividade e Desenvolvemento
Correo: paulino.montes.solla@udc.es
Doutor pola Universidade da Coruña coa tese Three essays on peripherality and economic development 2015. Dirixida por Dr. Jesús López-Rodríguez.
Paulino Montes-Solla é Profesor Axudante Doutor (LOSU) da área de Economía Aplicada na Universidade da Coruña onde imparte docencia dende 2019. Tamén é investigador senior no Grupo de Investigación Jean Monnet sobre Competencia e Desenvolvemento Rexional na Unión Europea (GCD) onde desempeñou o cargo de xestor dende 2007 ata 2021. Ten un historial de investigación consolidado en Economía Rexional, Crecemento e Disparidades Rexionais, Política Rexional da UE e Economía Política da UE. Presentou a súa investigación en numerosos congresos internacionais, e foi foi investigador visitante en centros de investigación de prestixio en universidades europeas e americanas, coma o European Policies Research Center (EPRC) da University of Strathclyde de Glasgow (2013), o Institute of Capital, Creativity and Innovation (IC²) da University of Texas at Austin (2014), o Regional Economics Applications Laboratory (REAL) da University of Illinois at Urbana-Champaign (2018) ou o Cañada Blanch Centre da London School of Economics (2022), entre outras. Ademáis de ser pusuidor da beca IACOBUS de cooperación na investigación entre Galicia e o Norte de Portugal colaborando con institucións portuguesas coma a Universidade do Porto (2015) e a Universidade do Minho (2021). Actuou como consultor asociado para varias institucións, incluidas a DG Regio da Comisión Europea, o Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC), o Tribunal Vasco de Defensa da Competencia (actual AVC), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Concello de A Coruña. O seu traballo de investigación foi recoñecido co doutoramento con mención internacional (2015) e o premio extraordinario de doutoramento en Economía da Universidade da Coruña en 2017. Obtuvo a súa Licenciatura en Economía (2011) e o seu Doutoramento en Economía (2015) pola Universidade da Coruña.