Análise estática e dinámica, deseño e optimización de estruturas. Análise de sensibilidade de alta orde para deseño óptimo en enxeñaría.
Deseño óptimo de estruturas de soporte para instalacións de xeración de enerxía eólica off shore. Análise non lineal de estruturas de barras.
Efectos das cargas dinámicas de rodaxe na análise a fatiga de firmes flexibles.
Fluxos turbulentos en augas someras. Validación experimental de modelos de turbulencia. Novos modelos hiperbólicos de transporte por convección-difusión.
Grupos topolóxicos
Mecánica computacional. Desenvolvemento e implementación de métodos numéricos para problemas en enxeñaría. Desenvolvemento de códigos de altas prestacións para a simulación de procesos relacionados coa mecánica computacional. Análise isoxeométrica.
Métodos inversos de interacción fluído-estrutura baseados en NURBS e T-splines. Análise isoxeométrica de láminas Kirchhoff-Love usando T-splines. Resolución de ecuacións diferenciais en forma forte mediante o uso de T-splines de orde arbitraria.
Simulación de crecemento tumoral. Modelaxe computacional de campos de fase. Modelos de migración celular aplicados a mobilidade ameboidal. Modelaxe e simulación de glóbulos vermellos no fluxo sanguíneo e da fusión de agregados celulares.
Simulación numérica de tomas de terra como sistemas de protección en subestacións eléctricas soterradas, mediante unha formulación baseada no método de elementos de contorno.