La (de)construcción de identidades de género de adolescentes migrantes estudiantes de ESO en A Coruñadiscursos y prácticas en contrapunto de-desde el Sur en torno a feminidades y masculinidades

  1. García-Cabeza, Belén
Dirixida por:
  1. Ana Sánchez-Bello Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 09 de setembro de 2024

Tribunal:
  1. Renée DePalma Presidenta
  2. Jorge García Marín Secretario/a
  3. Iria Vázquez Silva Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 828184 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Comprender a influencia da Educación Secundaria Obrigatoria na (de)construción das identidades de xénero de adolescentes migrantes nacidas/os en Latinoamérica e residentes na Coruña (Galicia, España) é o obxecto desta investigación que repousa na consideración dunha natureza complexa e multidimensional das identidades. Mediante un enfoque cualitativo, examináronse accións e representacións identitarias de xénero en discursos e prácticas de seis Institutos de Educación Secundaria públicos da Coruña, Arteixo e Carballo. As narrativas de estudantes –principalmente procedentes de Brasil, Colombia e Venezuela– en entrevistas e grupos de discusión aunáronse a entrevistas a docentes, observacións e análises de materiais curriculares de Valores Éticos e Educación Ético-Cívica. Os resultados revelan que: 1) a identidade de adolescentes migrantes –atravesada por multiplicidade, procesualidade-dinamicidade e relacionalidade-dialéctica– é froito dun diálogo de aprendizaxes de xénero de-en escenarios escolares (con diferentes grados de adhesión coeducativa) e non escolares (con familia e país de orixe como primordiais referentes); 2) a pluripertenza e multirreferenciación socioculturais consecuencia das migracións motivan maior diversidade e comprensividade de feminidade e masculinidade; 3) as migrantes interpelan con maior forza as normatividades experimentadas e amosan máis intensamente unha expresión axéntica das identidades de xénero.