Indicadores de la conducta adaptativa en niños con TEA
- García García, Isabel
- Manuel Peralbo Director
- Manoel Baña Castro Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 19 de xullo de 2024
- María José Fiuza Asorey Presidente/a
- Juan-Carlos Brenlla-Blanco Secretario
- Silvia Sierra Martínez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A conducta adaptativa refírese á eficacia coa que unha persoa responde ás demandas naturaies e sociais do seu ambiente. Este concepto foise modificando, eactualmente referímonos a ela como o conxunto de habilidades conceptuais, sociais e prácticasque o suxeto aprende e que lle permiten responder ás circunstancias da sua vida diaria. É un doscriterios máis relevantes que determinan o grao de discapacidade e constituen un dos síntomas máis representativos a ter en conta no diagnóstico do TEA. O obxetivo xeral do estudio foi analizar, a través dos indicadores do GARS-2 e ICAP, a relación entre a conducta adaptativa, coas diferentes destrezas que a compoñen, e o diagnóstico de TEA, así como determinar a súa relación con xénero, a idade e outras variables personais e sociofamiliares. Para elo, utilizouse unha mostra de 209 persoas, de elas, un grupo (n= 111) habían sido diagnosticadas de TEA (37mulleres e 74 homes) con idades comprendidas entre os 2 e os 20 anos. Un segundo grupo (n=98), estaba formado por persoas normotípicas (56 mulleres e 42 homes) con idade scomprendidas entre 3 e 23 anos. Os datos foron analizados a través de contrastes e correlacións non paramétricas, así como cun análisis de clasificación de árbore.Os resultados non só mostran a existencia dun perfil identificable de conducta adaptativa nos participantes con TEA, sinon que reforzan a posibilidade de recoñecer o risgo deTEA partindo das dimensións e destrezas de GARS-2 e ICAP.