COVIDBENSepidemiología de COVID-19 basada en aguas residuales de A Coruña

  1. Trigo Tasende, Noelia
Dirixida por:
  1. Margarita Poza Domínguez Director
  2. Ricardo Cao Abad Director
  3. Susana Ladra González Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 27 de xuño de 2024

Tribunal:
  1. Salvador Naya Presidente
  2. Astrid Pérez Gómez Secretario/a
  3. Sabela Balboa Méndez Vogal

Tipo: Tese

Resumo

A epidemioloxía baseada en augas residuais (EAR) é fundamental para o rastrexo de patóxenos responsables de enfermidades infecciosas. Esta Tese Doutoral presenta en detalle o proxecto COVIDBENS, un programa multidisciplinar que integra as áreas de microbioloxía, estatística e bioinformática, implementado na área metropolitana da Coruña durante a pandemia de COVID-19, co obxectivo de rastrexar o virus SARS-CoV-2 nas augas residuais da depuradora de EDAR Bens, que serve aos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. COVIDBENS operou como un sistema de alerta temperá de gromos de SARS-CoV-2 e das súas variantes emerxentes, proporcionando información crucial para comprender a verdadeira magnitude da epidemia na poboación e facilitando a toma de decisións por parte das autoridades. Ademais, rastrexouse a carga viral de SARS-CoV-2 (copias de ARN /L) a nivel local a partir das augas residuais de residencias de maiores situadas na área metropolitana da Coruña para prever novos gromos entre os residentes e avaliar a eficacia da campaña de vacinación. Este traballo demostrou unha vez máis que a EAR é unha estratexia rendible para prever gromos de enfermidades emerxentes ou futuras ameazas pandémicas.