As catedrais de Mondoñedoproposta para unha vía cultural

  1. Mario Crecente Maseda 1
  1. 1 Estudio Crecente Asociados
Revista:
Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol

ISSN: 0213-4357

Ano de publicación: 2023

Título do exemplar: Homenaje a D. Segundo L. Pérez López. Vol. I

Número: 36

Páxinas: 133-156

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol

Resumo

É un pracer dedicarlle este artigo a don Segundo, inspirador de tantas ideas e proxectos relacionados co Camiño de Santiago, san Rosendo e a diócese de Mondoñedo-Ferrol. A historia da diócese de Mondoñedo-Ferrol tivo un marcado impacto na configuración do territorio norte da comunidade galega, froito da itinerancia das súas sedes, e da relación histórica co mar, ou mellor dito co "mar por medio". Prestaremos atención neste artigo a un concreto espazo temporal de 102 anos, entre 1117 e 1219, que caracteriza tres concellos senlleiros do bispado: Foz, Ribadeo e Mondoñedo, e que nos conecta coa celebración en 2019 do 800 aniversario do pontificado do bispo Martín I, e do inicio da construción da sede de Valibria. Este artigo presenta unha aproximación ao territorio desde o punto de vista da relación entre patrimonio e turismo e aposta pola revalorización do concepto das catedrais coa creación dunha vía cultural que conecte os principais fitos do territorio.