Régimen jurídico de la responsabilidad administrativa en Venezuelasemejanzas y diferencias con la responsabilidad contable en España
- Vivas Roso, Jessica
- María Victoria Dios Viéitez Director
- Josep Ramon Fuentes Gasó Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 19 de marzo de 2024
- Jaime Rodríguez-Arana Muñoz Presidente
- Judith Gifreu Font Secretario/a
- Armando Rodríguez García Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Revísase o réxime xurídico da responsabilidade administrativa en Venezuela e compárase coa responsabilidade contable do Estado español, coa intención determinar os puntos de coincidencia e de diverxencia entre ambas as institucións xurídicas. Con ese obxectivo, o traballo estruturouse en catro capítulos. No primeiro, revísanse os elementos necesarios para establecer a procedencia de aplicación de cada unha das responsabilidades analizadas, delimitando o seu ámbito obxectivo e subxectivo, os órganos administrativos e xudiciais competentes para declaralos e as consecuencias que se derivan de cada unha. No segundo, estúdanse con detalle os 53 supostos xeradores de responsabilidade administrativa que se atopan tipificados no ordenamento xurídico venezolano, os cales son analizados tendo como parámetro o ámbito obxectivo da responsabilidade administrativa, é dicir, se o suposto tipificado garante ou non a protección, utilización, administración e custodia adecuadas do patrimonio público. No terceiro, examínanse as diferentes etapas e fases que comprenden o procedemento administrativo que debe tramitarse para a determinación da responsabilidade administrativa. E, no cuarto e último capítulo, detállanse as consecuencias da declaración de responsabilidade administrativa. Conclúe sinalando as similitudes e diferenzas entre a responsabilidade administrativa venezolana e a responsabilidade contable española; así como as reformas que deben realizarse no réxime xurídico da responsabilidade administrativa, a fin de permitir que esta institución xurídica poida garantir as finalidades de salvagarda e protección do patrimonio público venezolano contra calquera acción de menoscabo de natureza administrativa.