Imaxinario das traballadoras sociais do concello de santiago de compostelaUnha análise cualitativa dende a perspectiva de xénero

  1. Antia Eijo Mejuto
Revista:
Revista galega de traballo social "Fervenzas"

ISSN: 1698-5087 2254-7657

Ano de publicación: 2020

Número: 22

Páxinas: 11-38

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de traballo social "Fervenzas"

Resumo

O traballo social nace como unha profesión feminizada froito da profesionalización das actividades de asistencia e coidado asignadas ás mulleres en base á división sexual do traballo. Non obstante, como profesión nacida na cultura de xénero feminina, enfróntase a unha concepción androcéntrica da realidade, o que non só trae consigo a invisibilización da súa dimensión de xénero, senón tamén das consecuencias que desta se derivan. Fronte a isto, efectuouse unha análise do imaxinario das profesionais do Concello de Santiago de Compostela sobre a profesión do traballo social, con base nunha metodoloxía cualitativa e dende unha perspectiva de xénero. Así, amosouse a influencia desta en determinados aspectos clave para a construción profesional que van dende o nivel máis persoal das profesionais, amosándose a socialización de xénero como un factor condicionante na elección de estudos de traballo social, ata o nivel máis amplo, o status da profesión, onde a desvalorización e invisibilización desta se amosaron como cuestións intimamente ligadas á feminización.