La denominación de origen en Galiciauna institución jurídico-administrativa

  1. Pensado Sande, Jaime
Dirixida por:
  1. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 11 de decembro de 2023

Tribunal:
  1. José Antonio Moreno Mollna Presidente/a
  2. María Victoria Dios Viéitez Secretaria
  3. Fernando González Botija Vogal
Departamento:
  1. Dereito Público

Tipo: Tese

Teseo: 826683 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Na presente tese estúdase a denominación de orixe, figura que tradicionalmente foi obxecto de estudo pola doutrina privatista. Na primeira parte deste traballo abórdase o estudo de tres cuestións: os seus antecedentes e nacemento, o concepto actual de acordo coa normativa europea, para o que tamén se analizan outras figuras que se atopan próximas á denominación de orixe pero que teñen as súas propias características, e a materia rexistral. Na segunda parte trátase de presentar argumentos que sosteñen a natureza xurídico-administrativa da denominación de orixe. Con ese obxectivo realízase unha xustificación da exclusión desta figura da categoría de dereito de propiedade industrial a pesar da súa condición de signo distintivo, incidindo ademais no interese público que subxace nesta figura. Finalmente, na terceira e última parte analízase esta figura no ámbito galego, prestando especial atención á repartición de competencias entre o Estado e a Comunidade Autónoma galega, o marco xurídico actual, que en principio verase alterado como consecuencia do Anteproxecto de Lei da calidade alimentaria de Galicia, as consecuencias do Brexit, ou a súa relevancia económica nos mercados nacional e internacional.