Mulleres, ciencia e universidadesuspenso en igualdade?
-
1
Universidade da Coruña
info
ISSN: 1886-2292
Año de publicación: 2021
Número: 16
Páginas: 51-66
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego
Resumen
Malia que pasaron máis de 100 anos desde que as mulleres podemos acceder á universidade nas mesmas condicións que os homes, e a pesar do amplo desenvol- vemento normativo en materia de igualdade, a situación está aínda lonxe de ser igualitaria. Persisten fortes desequilibrios na distribución de ambos sexos, tanto no alumnado como no profesorado, segundo áreas de coñecemento, sendo os ámbitos tecnolóxicos os máis fortemente masculinizados; así como no progreso na carreira académica, onde só un terzo das cátedras están ocupadas por mulleres. As causas deste desequilibrio son múltiples, pero percíbese a persistencia de estereotipos de xénero e mesmo discriminacións máis ou menos indirectas difíciles de eliminar. Neste artigo preséntanse algúns datos significativos sobre a situación das mulleres na uni- versidade española en xeral, pero tamén nas universidades galegas. A realidade que amosan as cifras pon de manifesto a necesidade de creación de redes como medio eficaz para dar visibilidade á actividade das mulleres na ciencia e na tecnoloxía e contribuír e impulsar a participación das máis novas nos distintos ámbitos científicos e tecnolóxicos; neste sentido, o papel de asociacións como AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas) poden xogar un papel importante para acadar a igualdade efectiva entre mulleres e homes na Academia