O(s) imagotipo(s) do galego no teatro popular portugués desde 1755 aos comezos do século XX
-
1
Universidade da Coruña
info
- Biscainho-Fernandes, Carlos Caetano (coord.)
Editorial: Peter Lang
ISBN: 9781800797123
Año de publicación: 2022
Páginas: 349-382
Tipo: Capítulo de Libro
Resumen
Partindo da premisa de que o "outro" é un construto histórico transmitido culturalmente que evolúe no tempo e que serve de materia literaria en canto tamén é construído desde a propia literatura, neste artigo faise un levantamento de títulos do teatro popular portugués -do perídodo que vai de 1755 aos comezos do século XX- en que apareza en escena un personaxe de orixe galega. Posteriormente, revísanse os atributos máis frecuentes con que é caracterizado este tipo escénico e clasifícanse eses trazos en dúas categorías. os que están na base común do imagotipo e aqueloutros construídos por amplificación grotesca dos primeiros -consonte a lóxica do exaxero inherente a este tipo de produción espectacular tan popular en Portugal no período en foco.