Vivienda unifamiliar en Collado Mediano de Alejandro de la Sotala tectónica de la prefabricación
- Varela de Ugarte, Miguel
- José Benito Rodríguez Cheda Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 14 de novembro de 2022
- Carmen Moreno Alvarez Presidente/a
- Carlos Quintáns Eiras Secretario
- Arturo Franco Díaz Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A vivenda unifamiliar de Collado Mediano, proxectada en 1964 por Alejandro de la Sota, foi o único proxecto construído a partir da súa aventura cos prefabricados de formigón. A súa singularidade residía no uso de paneis prefabricados pretensados de formigón armado, que integraban estrutura e cerramento na envolvente total do edificio, así como outros acabados e materiais industriais alleos ao ámbito doméstico tradicional da época. O resultado, derivado da racionalidade da construción, pretendida universal polo arquitecto, e en parte subliñado polo local, aliñase cos desexos de modernidade na procura dunha nova arquitectura que a principios dos anos sesenta, segundo o historiador da arquitectura Reyner Banham, aínda non se tería materializado satisfactoriamente. O obxecto desta tese é a caracterización desta arquitectura, diferenciada na carreira profesional do arquitecto, para a cal se postula metodoloxicamente o concepto de tectónica da prefabricación como categoría específica da tectónica, participada no tecnolóxico, no cultural e da espacialidade inherente. Da súa consideración tripartita na súa interrelación cos elementos irredutibles da casa, o fogar doméstico, a base estereotómica e a envoltura tectónica, destílanse as esencias arquitectónicas atopadas.