Estudio de la producción y consumo responsable en el marco del desarrollo sostenible

  1. Piñeiro Villaverde, Gustavo
Dirixida por:
  1. María Teresa García-Álvarez Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de setembro de 2022

Tribunal:
  1. José Manuel Montes Peón Presidente/a
  2. Félix Blazquez-Lozano Secretario
  3. Susana María Almeida Silva Vogal
Departamento:
  1. Empresa

Tipo: Tese

Teseo: 746713 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo da presente tese doutoral é obter unha mellor comprensión dos factores que determinan o desenvolvemento de patróns de produción e consumo sostibles (PCS) na Unión Europea (UE). Debido a que o sector enerxético é o maior produtor de emisións de dióxido de carbono (CO2), unha especial énfase realizarase no seu estudo en diversos aspectos da investigación. A revisión da literatura pon de manifesto unha serie de necesidades e carencias que permiten definir os obxectivos específicos da investigación. Neste contexto, analízase se a orientación á sustentabilidade é un factor impulsor da innovación nas empresas de servizos públicos. Así mesmo, identifícanse os principais factores que definen a PCS na UE-28 e os seus vínculos coa produtividade dos recursos. Finalmente, analízanse os efectos de políticas climáticas, tanto de oferta como de demanda, nas emisións de CO2 no sector eléctrico. Os resultados mostran como a orientación á sustentabilidade conleva maiores innovacións, identifícanse os principais factores que definen a PCS (economía circularde reciclaxe, consumo de recursos e uso sostible de recursos) e móstrase que políticas específicas de cambio climático reducen as emisións de CO2. A partir de tales resultados, propóñense políticas específicas aos policy- makers.