Juan Agraz y Juan Marmolejo, poetas de cancioneroestudio y edición de su poesía

  1. Tosar López, Javier
Dirixida por:
  1. Cleofé Tato García Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de setembro de 2022

Tribunal:
  1. Ángel Gómez Moreno Presidente/a
  2. Josep Lluís Martos Sánchez Secretario/a
  3. Isabella Tomassetti Vogal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tese

Teseo: 745033 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Juan Marmolejo e Juan Agraz son dous poetas catrocentistas cuxo escaso corpus —especialmente no caso do primeiro— parece que non suscitou a atención que merece por parte da crítica. Este traballo ofrece a edición crítica íntegra da súa produción que, diseminada en distintas fontes, antóllase máis significativa do que supuxemos ata o momento. Foi necesario realizar o estudo da transmisión textual e o da súa poesía, capítulos que anteceden á edición, mais tamén a aproximación á traxectoria vital dos escritores, tanto a partir da información extraída dos textos, como daquela que aportan outras fontes. Marmolejo practica a poesía amatoria con varios poetas vinculados á Coroa de Aragón e adéntrase no campo satírico-burlesco con Juan Agraz: a peculiar contenda entre ambos revela o dominio de técnicas de composición como a ajuda e a tensó, pouco frecuentes na poesía cancioneril castelá. Ademais do seu papel neste intercambio, Juan Agraz, do que conservamos un número máis amplo de poemas, comparte outros con autores do talle de Santillana, Mena e Montoro, mais tamén desprega os seus versos no terreo amoroso, elexíaco… En definitiva, a obra de Marmolejo e Agraz fainos representativos dunha época.