Diseño e implementación de propuestas de prescripción de deberes escolares que mejoren el compromiso y la autorregulación del estudiante

  1. Vieites Lestón, Tania
Dirixida por:
  1. Antonio Valle Arias Co-director
  2. Susana Rodríguez Martínez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de xullo de 2022

Tribunal:
  1. José Carlos Núñez Pérez Presidente/a
  2. Isabel Piñeiro Aguín Secretaria
  3. Pedro Rosário Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 737093 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Atendendo á controversia aínda existente respecto da cantidade, calidade e eficacia dos deberes escolares e tras un extenso labor de revisión das evidencias dispoñibles en relación á prescrición de deberes de calidade deséñase o Método de Implementación de Tarefas para Casa MITCA (Valle e Rodríguez, 2020). Co obxecto de avaliar a eficacia deste método, esta tese expón unha investigación cun deseño cuasi-experimental, con grupo control e medidas pre e post. A eficacia do método de prescrición de deberes estímase contando coa participación dun total de 43 profesores/ as e 964 estudantes de 5º e 6º de Educación Primaria pertencentes a 20 centros educativos diferentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Os resultados constatan diferenzas entre os estudantes que participaron na implementación de MITCA e os alumnos do grupo control, non só polo que respecta á súa implicación nos deberes, senón en relación ao seu compromiso escolar e autorregulación da aprendizaxe. A discusión e as conclusións lanzan luz sobre o obxecto de estudo e permítennos soster a eficacia do método MITCA como recurso educativo. Este traballo encamiña futuras liñas de investigación no tópico dos deberes escolares; sendo as súas implicacións educativas inmediatas para a prescrición de deberes de calidade.