El desarrollo de la imagen conceptual del triángulo en el alumnado de Educación Primaria utilizando GeoGebra

  1. Segade Pampín, María Elena
Dirixida por:
  1. María Cristina Naya Riveiro Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 29 de xuño de 2022

Tribunal:
  1. Marta Molina Presidente/a
  2. Teresa F. Blanco Secretario/a
  3. Floriano Viseu Vogal
Departamento:
  1. Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Teseo: 732238 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente investigación baséase no modelo teórico de Vinner (1991) que introduce o termo imaxe conceptual en referencia ás representacións mentais e ás propiedades asociadas a un determinado concepto xeométrico e afirma que, para que se produza a aprendizaxe xeométrica, resulta fundamental que a imaxe conceptual dun concepto sexa completa e correcta. En vista diso, levouse a cabo un experimento de ensino para analizar a influencia dunha secuencia didáctica de once actividades deseñadas no software de xeometría dinámica GeoGebra no desenvolvemento da imaxe conceptual do triángulo no alumnado de Educación Primaria. Cos resultados obtidos comprobouse que a integración desta secuencia fomentou a visualización de triángulos non estereotipados e facilitou a exploración dos seus atributos invariantes, de forma que se ampliou o rango de exemplos que conforman a imaxe conceptual. Así mesmo, constatouse que, a partir desta imaxe conceptual correcta, realízase un xuízo analítico de identificación de triángulos baseado en atributos críticos evitando o fenómeno prototípico. Ademais, confirmouse que a manipulación de triángulos en GeoGebra facilitou a comprensión da clasificación xerárquica