Comunidades de orixe inmigrada en Galiciaprocesos de integración e estratexias de mantemento lingüístico e cultural

  1. Verdía Varela, Verónica
Dirixida por:
  1. Renée DePalma Co-director
  2. Belén Fernández-Suárez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de xuño de 2022

Tribunal:
  1. Carmen Lamela Presidenta
  2. Alberto Capote Lama Secretario/a
  3. Nicola Bermingham Vogal
Departamento:
  1. Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Teseo: 722813 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta tese de doutoramento aborda a integración das comunidades de orixe inmigrante en Galicia considerando as perspectivas dos principais axentes involucrados. Primeiramente, analiza os discursos do asociacionismo inmigrante sobre a integración, as actuacións que desenvolve a prol dela e as súas demandas. Estuda tamén as percepcións, actitudes, prácticas e necesidades das propias persoas de procedencia estranxeira con respecto aos seus procesos de integración, poñendo o foco nas estratexias para a preservación das súas linguas e culturas de orixe. Así mesmo, indaga acerca dos discursos sobre a integración nas organizacións non gobernamentais do eido da inmigración, os programas que estas desenvolven para fomentala e as súas demandas. Doutro lado, examina as políticas de integración, particularmente as da Administración local. Por último, investiga sobre o potencial da educación intercultural para contribuír á integración. O obxecto de estudo abórdase desde un enfoque metodolóxico cualitativo en que as principais técnicas de investigación son a entrevista semiestruturada en profundidade e o grupo de discusión. A finalidade é, fundamentalmente, revisar e aclarar as perspectivas existentes sobre a integración, así como as estratexias de innovación social que se poden desenvolver a través da sinerxía entre as institucións sociais e as propias comunidades de orixe inmigrante.