Colombianas en España y brasileiras en Portugalun análisis interseccional de las migraciones de las mujeres en el espacio transnacional/poscolonial
- Laura Oso Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 27 de maio de 2022
- Raquel Martínez Buján Presidenta
- Rosa Mas Giralt Secretario/a
- Graziela Serroni Perosa Vogal
Tipo: Tese
Resumo
No contexto da expansión neoliberal e a feminización do proletariado global, dende unha perspectiva interseccional e pos/decolonial, esta tese de doutoramento explora vinte anos de traxectorias migratorias/biográficas de mulleres brasileiras en Portugal e de colombianas en España. A partir das testemuñas de corenta migrantes, entrevistadas durante un traballo de campo multi-situado, realizado nas periferias urbanas de São Paulo, Porto, Madrid e Galicia, entre 2017 y 2019; analízase o espazo transnacional como un continuum poscolonial que, ao xeito dunha matriz, é artellado pola intersección de múltiples relacións de dominación. Os resultados da investigación apuntan a que, as migracións de mulleres colombianas e brasileiras a España e Portugal, constitúen unha estratexia de supervivencia colectiva, que é mediada pola colonialidade. A historia que vencella os territorios de orixe e destiño, proxecta representacións etnosexuais das mulleres que remetan sendo determinantes na configuración das súas traxectorias migratorias/biográficas no espazo transnacional/poscolonial. As interseccións do xénero, a raza na súa dobre dimensión, como nacionalidade e como raza imaxinada, e a clase, executan a incorporación de brasileiras e colombianas aos circuitos do traballo globalizado a través das políticas sexorraciais/migratorias dos Estados de acollida