Acute cardiovascular and hemodynamic effects of set configuration of resistance training

  1. Rúa Alonso, María
Dirixida por:
  1. Eliseo Iglesias-Soler Co-director
  2. Xián Mayo Mauriz Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 01 de abril de 2022

Tribunal:
  1. Alfonso Jiménez Gutiérrez Presidente/a
  2. Manuel Avelino Giráldez García Secretario
  3. Carolina Vila-Chã Vogal
Departamento:
  1. Educación Física e Deportiva

Tipo: Tese

Teseo: 713714 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Durante o exercicio de forza prodúcense aumentos abruptos da presión arterial sistólica, reportándose, xunto cun efecto hipotensor, reducións do control parasimpático cardíaco e sensibilidade barorreflexa tras a súa realización. Esta tese busca examinar os efectos de dous protocolos compostos por varios exercicios de forza de intensidade moderada con diferente configuración da serie sobre estes parámetros. A configuración da serie longa consistiu en 4 series de 10 repeticións con 2 minutos de descanso entre series, mentres que a configuración curta en 8 series de 5 repeticións cun descanso de 51 segundos. Entre exercicios, ambos protocolos descansaron 3 minutos. Os resultados mostran que ambas estruturas provocaron aumentos de presión arterial similares durante o exercicio, aínda que coa configuración curta observáronse picos máis baixos de presión arterial nas últimas repeticións, a cal tamén produciu unha resposta cronotrópica, traballo miocárdico, implicación glicolítica e perdas de rendemento mecánico menores. Trala sesión, aínda que ambos deseños promoveron reducións na modulación parasimpática cardíaca, a configuración curta causou unha menor retirada. Ningún protocolo produciu hipotensión post-exercicio nin cambios no ton simpático vascular. En conclusión, as configuracións da serie curtas implican un menor compromiso cardiovascular durante e despois do exercicio en mozos sans, e por tanto, sendo deseños máis seguros.