Estudo sobre o uso de dispositivos tecnolóxicos para a análise e prevención das caídas en residencias de persoas maiores desde unha perspectiva ocupacional

  1. Miranda-Duro, María del Carmen
Dirixida por:
  1. Javier Pereira-Loureiro Director
  2. Laura Nieto-Riveiro Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de decembro de 2021

Tribunal:
  1. Jorge Augusto Pinto da Silva Mota Presidente/a
  2. Iván de Rosende Celeiro Secretario
  3. Begoña Polonio López Vogal
Departamento:
  1. Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas

Tipo: Tese

Teseo: 699915 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O risco a caer é unha das síndromes xeriátricas con maior impacto na vida das persoas maiores. Debido á súa complexidade, desde hai décadas conta cun amplo campo de estudo desde diferentes perspectivas e metodoloxías. Existe evidencia de diferentes maneiras de abordar o risco a caer para intentar previr e reducir o seu impacto na saúde das persoas maiores. Dada a relevancia que o risco a caer presenta na vida das persoas maiores e na rutina dos centros xerontolóxicos, a presente tese de doutoramento enfocouse no deseño dun programa multifactorial para lidar con esta problemática. Así, e co fin de afondar máis, a doutoranda decidiu realizar una revisión exhaustiva de experiencias desenvoltas desde a terapia ocupacional que abordasen o risco a caer en persoas maiores a través do uso da tecnoloxía. A literatura existente revelou a presenza de numerosos estudos nos cales foi abordado o risco a caer, pero poucos estudos (n=12) se enfocaron desde a profesión de terapeuta ocupacional no uso de dispositivos tecnolóxicos. En ningún caso, se encontrou algunha experiencia desde esta disciplina que fixesen uso de dispositivos tecnolóxicos para a avaliación das persoas maiores, tendo en conta a relevancia e pertinencia destes dispositivos a día de hoxe. Con base nos resultados obtidos nos tres estudos principais da tese de doutoramento, conclúese que se debe afondar nas achegas que os dispositivos poñibles (ou wearables) poden proporcionar para a análise do risco a caer en persoas maiores e, así, tirar conclusións sobre a súa participación ocupacional.