Developing Students' English Language and Critical Thinking Skills through Galapagos Green Advertisingan Ecolinguistic Approach

  1. Rojas Encalada, María Asunción
Dirixida por:
  1. María Jesús Lorenzo Modia Co-director
  2. Begoña Lasa Álvarez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 28 de setembro de 2021

Tribunal:
  1. Elizabeth Woodward-Smith Presidenta
  2. Rubén Jarazo Álvarez Secretario/a
  3. Inmaculada Álvarez de Mon Rego Vogal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tese

Teseo: 683833 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O presente traballo de investigación céntrase na educación do estudantado de Mestrado en Hotelería e Turismo nunha universidade pública ecuatoriana, por medio de cursos de lingua inglesa coa finalidade de desenvolver as súas habilidades lingüísticas e o seu pensamento crítico. Proponse o desenvolvemento de tarefas de avaliación de anuncios ecolóxicos, isto é, discusións de grupo e escritura colaborativa, e seguir un enfoque educativo ecolingüístico. A maior abundamento, o alumnado creará os seus propios anuncios como produto final do proxecto desenvolvido durante o curso. Esta tese estructúrase en seis capítulos: 1) introdución, contexto, circunstancias nas cales xurde o estudo, así como obxectivos principais, 2) unha ampia revisión do estado da cuestión que aborda o enfoque comunicativo da lingua, o ensino baseado en tarefas, a aprendizaxe a través de proxectos e a importancia dopensamento crítico na didáctica dunha lingua estranxeira. A continuación estúdase unha das cuestións chave nesta investigación, o estudo do enfoque ecolóxico, 3) a metodoloxía utilizada para levar a cabo o estudo, 4) os resultados e discusión, 5) o proxecto didáctico, 6) as conclusións obtidas e ideas para futuras investigacións, e conclúe con referencia e apéndices.