Elaboración de un instrumento para la evaluación de la pragmática en niños y niñas menores de cuatro años
- Manuel Peralbo Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 21 de xullo de 2021
- Jesús Nicasio García Sánchez Presidente/a
- Montserrat Durán-Bouza Secretaria
- María del Mar García Señorán Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Introdución: A escaseza de instrumentos de avaliación das habilidades pragmáticas en atención temperá, contextualizadas na nosa contorna, xunto coa dificultade propia que ocasiona a avaliación pragmática en si, dificulta a detección e clasificación dos trastornos que cursan coas ditas alteracións. Por iso, lévase a cabo un estudo a partir dos perfís de desenvolvemento pragmático anterior aos 4 anos. Obxectivos: 1-Adaptar ao español o The Pragmatics Profile de Dewart e Summers (1975) dotándoo dunha escala de resposta cuantitativa. 2-Elaborar un instrumento de execución directa para a Avaliación do Desenvolvemento Pragmático ( EDPRA) que abarque o período comprendido entre os 6 e 48 meses. Para iso seleccionouse unha mostra denenos e nenas (N=298) con idades comprendidas entre os 6 e os 48 meses. Materiais e método: A partir do grupo total constituíronse catro subgrupos segundo a idade cronolóxica, tanto para o proceso de adaptación ao español do TPP(n=190), como para a elaboración da EDPRA(n=298). Todos os participantes recibiron a EDPRA perosó unha parte das familias cubriu correctamente o TPP. Resultados: Os resultados das análises (Discriminante e Análise Factorial Exploratorio fundamentalmente) de ambas as probas mostraron unha boa fiabilidade e propiedades psicométricas adecuadas, se ben a estrutura latente do TPP non se corresponde cos eixos descritos no seu modelo teórico. Conclusións: Unha vez analizadas as propiedades de ambas as probas, parece que ambas as dúas se poden complementar de maneira adecuada. O TPP é un instrumento fiable para obter unha medida do desenvolvemento pragmático percibido polos pais, cuxos nesgos poden ser corrixidos a través dunha medida directa como é a proporcionada pola EDPRA. Este pódese considerar un instrumento de cribado que permite detectar atrasos ou desviacións temperás no desenvolvemento pragmático, o que pode facilitar a adopción de medidas terapéuticas no desenvolvemento inicial