Assessment of Develomental Coordination Disorder in Spanish Childrencross-cultural Adaptation, Psychometric Validation and Reference Norms for the European Spanish DCD-Questionnaire
- Montes-Montes, Rebeca
- Thais Pousada Co-director
- Sergio Santos-del-Riego Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 29 de xuño de 2021
- Emiliano Díez Villoria Presidente/a
- Sonia Pértega Díaz Secretaria
- Esther Hartman Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O Trastorno do Desenvolvemento da Coordinación (TDC) afecta ao 5-6% da poboación escolar. Con todo, o TDC é rnoi descoñecido en España. Dispoñer de instrumentos diagnósticos de fácil acceso, adaptados transculturalmente, fiables e válidos, é un primeiro paso necesario para rnellorar a rápida identificación de risco de TDC e para aumentar a visibilidade desta condición de saúde no noso contexto. Os obxectivos desta tese foron (1) adaptar transculturalrnente ao castelán o Developrnental Coordination Disorder Questionnaire (DCDQ), (2) examinar as súas propiedades psicométricas no contexto español, e (3) desenvolver normas de referencia do DCDQ específicas para poboación infantil española. O DCDQ foi traducido e adaptado transculturalmente a castelán segundo as recornendacións e guías internacionais (DCDQ-ES), e estandarizouse cunha mostra de 570 escolares españois. Tras un proceso multidisciplinar, o DCDQ-ES alcanzou unha boa equivalencia transcultural. Os valores da consistencia interna foron excelentes, e a validez estrutural, concorrente e discriminante foron axeitados. Por último, desenvolvéronse normas de referencias españolas específicas por idade. En conclusión, o DCDQ-ES é transculturalmente equivalente á versión orixinal, e ten unhas boas propiedades psicométricas. O DDCDQ-ES é un instrumento válido e fiable para avaliar rapidamente o risco de TDC en poboación infantil española.