O currículo oculto nas incubadoras de negocio con base tecnolóxica

  1. Francisco José Zagari Forte
  2. Emanuel Ferreira Leite 1
  3. María-Dolores Sánchez-Fernández 2
  1. 1 Universidade de Pernambuco (Brasil)
  2. 2 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Revista:
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

ISSN: 2173-9811

Ano de publicación: 2015

Número: 6

Páxinas: 343-352

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

Resumo

O fenómeno do emprendedorismo transformou o mundo en todos os sectores, e especialmente nos ambientes proxectados para acomodar as empresas que buscan a modernización e a transformación de ideas en produtos, procesos ou servizos, como é o caso das incubadoras. Este artigo ten como obxectivo identificar o currículo oculto en empresas de base tecnolóxica incubadas. Trátase dunha pescuda exploratorio-cualitativa, pois non hai coñecemento estruturado sobre o currículo oculto en incubadoras de empresas. As metodoloxías utilizadas foron a entrevista semiestruturada e as observacións. A pescuda realizouse no Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico da Universidade de Brasilia (Brasil), en empresas incubadas, buscando integrar os factores internos e externos, as actitudes, os valores, os comportamentos e as orientacións sobre a aprendizaxe dentro dunha incubadora de empresas. Así, propoñemos un modelo de identificación de currículo oculto (MIC) na incubadora para comprobar a relación entre o suxeito e o ambiente. Tal modelo mostra os factores internos e externos indutores do currículo oculto na aprendizaxe. A pescuda permitirá contribuír a que os xestores de incubadoras melloren aínda máis a formación dos emprendedores desde a perspectiva do currículo oculto, co fin de maximizar o coñecemento innovador. Esta pescuda sobre o currículo oculto nunha incubadora de empresas de tecnoloxía, inédita no medio académico, ten como obxectivo propor un modelo para a identificación do currículo oculto.