Unha proposta para a avaliación e a cualificación nos estudos de graometodoloxía mixta virtual - presencial a través da aplicación de tests mediante a ferramenta Moodle

  1. Isabel Novo Corti
  2. Laura Varela Candamio
  3. María Ramil Díaz
Revista:
Revista de Formación e Innovación Educativa Universitaria ( REFIEDU )

ISSN: 1989-0257

Ano de publicación: 2012

Volume: 5

Número: 2

Páxinas: 75-87

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista de Formación e Innovación Educativa Universitaria ( REFIEDU )

Resumo

A aplicación das ferramentas informáticas no ensino superior ten demostrado ser moi efectiva en diferentes contornos educativos. O maior dominio destas tecnoloxías por parte dos usuarios e os deseños mais sofisticados das plataformas informáticas abren continuamente novos campos para a experimentación e a optimización dos recursos, permitindo acadar maior rendemento tanto na transmisión do coñecemento como na recepción do mesmo, e no intercambio de opinións en contornos virtuais. Un terreo menos explorado é o da avaliación on-line, xa que se trata dun proceso diferente, con compoñentes específicas. Neste traballo descríbese unha metodoloxía que combina a avaliación no contorno virtual da plataforma Moodle a través de probas tipo test con resposta múltiple coa avaliación tradicional mediante probas presenciais, para valorar aspectos complementarios dos coñecementos adquiridos. O obxectivo é presentar a experiencia derivada da implementación de dita metodoloxía (MMVP, Metodoloxía Mixta Virtual-Presencial) durante o curso 2010/2011 na materia Microeconomía: Mercados e Competencia na Unión Europea, da titulación do Grao en ADE no contexto da dobre titulación en ADE e Dereito na Universidade da Coruña. Os resultados amosan que fomenta a participación dos estudantes e mellora a súa competencia e, polo tanto, os resultados obtidos en termos de cualificacións.