Retos da comunicación empresarial ante situacións de crise
- Valentín Alejandro Martínez
- Juan Carlos Rodríguez
- Óscar Juanatey Boga
ISSN: 1578-4916
Ano de publicación: 2003
Título do exemplar: Dez anos dos estudios de comunicación na universidade galega
Número: 2
Páxinas: 137-149
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Estudios de comunicación
Resumo
A globalización dos mercados provoca que o problema interno dunha empresa poida ter repercusión a nivel mundial. A actividade productiva ten que estar ben asegurada ante imprevistos. As empresas deben evita-la crise pero, sobre todo, evitar que esta chegue ós medios de comunicación social e, polo tanto, á opinión pública, principal cliente dos seus productos. Os medios de comunicación buscan información inmediata, o que tropeza directamente cos intereses da empresa, que necesita tempo para reflexionar e decidir que tipo de información quere poñer en coñecemento do público.