Metodoloxías e ferramentas útiles para desenvolver un proxecto de Aprendizaxe-Servizo

  1. Ana Ares-Pernas 1
  2. María José Abad López 1
  1. 1 Universidade da Coruña, Departamento de Física e Ciencias da Terra
Libro:
Contextos universitarios tranformadores: boas prácticas no marco dos GID
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-775-6

Ano de publicación: 2020

Páxinas: 265-279

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497497756.265 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Resumo

Neste traballo recóllese un resumo das metodoloxías empregadas durante os cursos 2015/2016 a 2018/2019 para o deseño e avaliación de varias actividades de Aprendizaxe-Servizo e unha selección de aquelas que resultaron máis útiles, así coma os puntos febles atopados nas mesmas. As actividades realizáronse con distintas entidades e colectivos; persoas en risco de exclusión social, enfermos de Alzheimer ou esquizofrenia e persoas xordas ou con síndrome de Down, o que fixo necesario seleccionar as ferramentas de traballo e avaliación máis axeitadas en cada caso. A clase inversa permitiu aos estudantes acadar de forma máis efectiva aquelas competencias que necesitaban para desenvolver a actividade (adquirir a metodoloxía científica ou manexar material de laboratorio). A rúbrica serviu para avaliar as competencias específicas, xerais e transversais. As citas dos estudantes, participantes, entidades e docentes serviron para a análise cualitativa dos resultados e para detectar outro tipo de competencias, máis persoais, nos estudantes ou para definir os puntos fortes e febles da actividade. As enquisas, diferentes en cada caso e adaptadas para os colectivos que así o precisaban, serviron tamén para analizar cuantitativamente os resultados. Por último, a metodoloxía de Foto-voz serviu para analizar o impacto que tivo nos estudantes o traballo na comunidade.