Avaliación 4.0avaliación cooperativa en metodoloxías con aprendizaxe invertida
-
1
Universidade da Coruña
info
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-712-1
Año de publicación: 2019
Páginas: 175-188
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
A palabra CAMBIO describe claramente a situación da Educación a todos os niveis (primaria, secundaria e superior) na nosa comunidade e fóra dela, polo que nos preguntamos se estamos preparados para este cambio. Vivimos na Sociedade da Información, unha sociedade en constante evolución que transforma tamén a Educación, de xeito que cómpre falar de Educación na Sociedade da Información. Este traballo xorde da vontade duns docentes por cambiar “algo” na súa docencia máis ou menos tradicional. Un dos aspectos máis críticos para os estudantes é, sen dúbida, a avaliación. A avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe principalmente para determinar o grao de adquisición de competencias e adaptar o proceso educativo segundo as características do estudante ou grupo de estudantes. A responsabilidade da mesma é tradicionalmente do profesor, co que estamos a excluír o alumno deste elemento fundamental da educación. A demanda de roles de avaliación invertidos é crecente, polo que neste traballo propoñemos unha AVALIACION 4.0. Nela, estudantes e profesores comparten o rol de árbitros no proceso de aprendizaxe involucrando de xeito activo os primeiros, non só como deseñadores de probas ou instrumentos de avaliación, senón tamén como co-avaliadores, un rol innovador que, por analoxía coa aula invertida, leva a unha avaliación invertida.