Gamificación e interactividade nas aulas da UDC

  1. Nieto-Riveiro, Laura 1
  2. Groba González, Betania 1
  3. Pereira Loureiro, Javier 1
  4. Pousada García, Thais 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Libro:
Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe.
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-712-1

Año de publicación: 2019

Páginas: 71-81

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)

Tipo: Aportación congreso

Resumen

Este traballo xestouse no Grupo de Innovación Educativa “Gamificación e interactividade nas aulas” da Universidade da Coruña. Como principal obxectivo planeouse determinar o potencial da creación de contidos interactivos dentro das presentacións de diferentes materias mediante tecnoloxías coma os clickers on-line e ferramentas de gamificación para captar a atención do alumnado. A comunicación presenta os resultados do emprego das enquisas online e en tempo real, a través de diversas aplicacións, coma AnswerGarden, Kahoot e Mentimeter. A metodoloxía interactiva aplicouse en materias do Grao en Terapia Ocupacional e na Universidade Sénior da Universidade da Coruña. Os participantes activos inclúen aos propios docentes, estudantes xoves (entre 19 e 25 anos) e persoas maiores de 50 anos (Universidade Sénior). Os estudantes de 2º e 3º de Terapia Ocupacional (n=105) participaron nas enquisas (media de 6 consultas online por materia). Na Universidade Sénior, 30 estudantes reflectiron as súas percepcións sobre diferentes temáticas como saúde, benestar e envecellemento e manifestaron os coñecementos acadados sobre o uso das TIC. Nesta primeira experiencia, comprobouse que a gamificación pode ser aplicada nos contornos universitarios con diferentes grupos de estudantes. A participación e visualización dos resultados prodúcese en tempo real, ofrecendo unha retroalimentación inmediata e contribuíndo á aprendizaxe de contidos específicos.