Protagonismo do alumnado e relevancia socialunha experiencia de aprendizaxe baseada en proxectos

  1. Patricia Carballal Miñán
  2. Iria Sobrino-Freire
Libro:
Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. II Xornadas de Innovación Docente
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-678-0

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 155-168

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (2. 2017. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497496780.155 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

Resumo

A nosa proposta enmárcase na materia “Proxectos de innovación e investigación educativa en lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá”, no Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria. Polo noso contacto con centros educativos a miúdo observamos que as innovacións docentes están máis implantadas nos niveis inferiores do ensino e que a medida que estes avanzan as metodoloxías se volven máis tradicionais debido a inercias herdadas e aos requirimentos do actual sistema educativo. Neste sentido, a nosa idea parte de introducir metodoloxías activas na etapa universitaria. Dado que a materia tenta achegar os e as estudantes á filosofía da aprendizaxe por proxectos, coa que adoitan estar escasamente familiarizados, propoñemos que sexan eles mesmos quen os deseñen e os vivan en primeira persoa. Trátase, por conseguinte, de aplicar ás aulas a máxima de “aprender facendo”. Desde o punto de vista do profesorado da materia, aplicamos os principios do tratamento integrado de linguas e a docencia compartida.