Desiderio Pernasla fidelidad al tipo

  1. Varela Alén, José L.
Dirixida por:
  1. Felipe Peña Pereda Co-director
  2. Ricardo Sánchez Lampreave Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de setembro de 2020

Tribunal:
  1. José Morales Sánchez Presidente/a
  2. Fernando Agrasar-Quiroga Secretario
  3. Juan Domingo Santos Vogal
Departamento:
  1. Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición

Tipo: Tese

Teseo: 619918 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O arquitecto Desiderio Pemas (1930-1996) titulase en 1958 na ETSAM e, nese mesmo ano, viaxa, cunha bolsa de estudos, ao Institute of Technology de Chicago. Influenciado por Mies van der Rohe, Ludwig Hilberseimer e outras figuras decisivas como Arne Jacobsen, retorna a súa cidade natal, Vigo, onde exercerá ata a seu pasamento. Arquitecto afanado no seu oficio e afastado do mundo académico, o seu traballo pemaneceu practicamente na sombra. Esta investigación, que pon o foco prelinunar sobre a personaxe céntrase, despois da ordenación, clasificación e catalogación do arquivo persoal e os seus proxectos, na análise e interpretación destes últimos, póndoos a proba a través da peneira do tipo, afondando sobre o seu emprego sistemático por parte do arquitecto. Mediante a estrutura formal como unha estratexia proxectual, recoñécense unha serie de aspectos que repite e perfecciona, conformando os elementos da súa caixa de ferramentas cos que entrelaza un xeito de interpretar e crear arquitectura e que confirman a convicción e a fidelidade ao tipo. Esta metodoloxía proxectual verifica a importante aportación de Desiderio Pernas ao mapa da modernidade arquitectónica na Galicia da segunda metade do século XX.