Adolescentes migrantes a contracorrientetiempos de vida y escuela en el alumnado de Enseñanza Secundaria Obligatoria

  1. Alonso Pardo, Paula
Dirigida por:
  1. Laura Oso Directora

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de julio de 2020

Tribunal:
  1. Raquel Martínez Buján Presidenta
  2. David Casado Neira Secretario/a
  3. Claudia Pedone Vocal
Departamento:
  1. Sociología y Ciencias de la Comunicación

Tipo: Tesis

Teseo: 629979 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

Esta tese de doutoramento analiza as experiencias escolares das adolescencias migrantes matriculadas en Ensinanza Secundaria Obrigatoria, en clave de usos do tempo. Da canta de que a migración e a educación vertébranse ao redor da familia, e de que os usos do tempo dos/as menores parten da individualidade, pero teñen un alcance colectivo. Desde estes fundamentos, se plantexan dúas hipóteses: validar a existencia de asimetría nos usos do tempo do alumnado migrante e non migrante, que pode derivar en desvantaxe educativa; e validar a importancia que o fogar e o Estado teñen nesas experiencias escolares. Para proba lo, establécense tres obxectivos: analizar os usos do tempo de vida dos/ as adolescentes, segundo a súa procedencia (migrante ou non migrante); abordar a influencia que o fogar migrante exerce no uso do seu tempo escolar; e, por último, estudar o impacto que a política educativa ten nas súas cotidianeidades. Cunha metodoloxía mixta, aplicáronse dúas enquisas de diferente alcance e contexto, e realizáronse entrevistas en profundidade a expertos/ as vinculados/ as coa institución educativa. Os resultados evidencian experiencias de desvantaxe educativa no colectivo migrante que, fundamentalmente, explícanse pala súa condición de migrante e clase subalterna.