Análisis filosófico-metodológico de la Investigación en Educaciónla perspectiva de las Ciencias de Diseño
- Alonso Rodríguez, Ana María
- Wenceslao J. González Fernández Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 13 de decembro de 2019
- Jesús Alcolea Banegas Presidente/a
- Obdulia M. Torres González Secretario/a
- Alfredo Marcos Martínez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Mediante un enfoque de Filosofía e Metodoloxía da Ciencia, esta investigación aborda a Ciencia da Educación como Ciencia Aplicada de Deseño. Dous son os obxectivos principais: 1) aclarar o estatuto epistemolóxico e metodolóxico da Pedagoxía, tarefa realizada dende a perspectiva das Ciencias do Artificial; e 2) propoñer un marco teórico novo que, dende as Ciencias de Deseño, permita resolver problemas da práctica profesional nas contornas educativas. Para analizar a configuración científica da Pedagoxía, primeiro aténdese ao contexto histórico e teórico da Ciencia da Educación, que permite apreciar as principais concepcións sobre a investigación educativa propostas ata hoxe. Despois, proponse o novo enfoque, que atende aos distintos planos da Ciencia. Ademais, xunto coa súa dimensión como Ciencia Social, incorpora expresamente a condición de Ciencia do Artificial. A continuación, analízanse as consecuencias do novo enfoque, que atende ao progreso, fins e valores na Educación como Ciencia de Deseño. Na análise filosófico-metodolóxica da Ciencia da Educación tivéronse tamén en conta as contribucións realizadas dende a Teoría da Educación e a Filosofía da Educación.