Conectividad funcional asociada con procesamiento contextual en distintas poblacionesdesde trastornos motores a atletas profesionales

  1. Díaz Brage, Pablo Aleixandre
Dirixida por:
  1. Noa Fogelson Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 08 de febreiro de 2019

Tribunal:
  1. Diego Santos García Presidente/a
  2. Eliseo Iglesias-Soler Secretario
  3. Gonzalo Márquez Sánchez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 580113 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O procesamento contextual é unha habilidade cognitiva asociada có manexo de información relevante para guiar a execución dunha tarefa determinada. Para estudar o procesamento contextual empregouse un paradigma experimental no cal os suxeitos visualizaron unha serie de estímulos e respostaron ós obxectivos marcados. Determinada orde de aparición dos estímulos predixo a ocorrencia do estímulo obxectivo, aínda que este puido aparecer tamén de xeito aleatorio. Este paradigma foi empregado para investigar cómo distintos grupos de suxeitos recoñecen a secuencia preditiva e cómo a empregan para facilitar a detección dos obxectivos. Durante o test, aparte de avaliar parámetros de comportamento tales como os tempos de reacción e precisión, rexistrouse o electroencefalograma (EEG) empregando 64 electrodos para estudar os procesos cognitivos relacionados có procesamento contextual. En ambos estudos analizouse a conectividade funcional entre cada parella de electrodos empregando o algoritmo “synchronization likelihood”. Empregouse a teoría de grafos para caracterizar os parámetros de conectividade e estes foron comparados entre os grupos. O primeiro estudo examinou un grupo de pacientes de Parkinson (PD), tendo tomado a súa medicación e mais un grupo de suxeitos de control sans. Ambos grupos realizaron dúas sesións experimentais, en primeiro lugar unha sesión implícita na cal os suxeitos non foron informados acerca da secuencia preditiva; mentres que na segunda sesión amosouselles explícitamente a secuencia e foron instruídos para detectala. A conectividade funcional foi comparada a través de dúas sesións (implícita e explícita) entre pacientes e controis. En ambas sesións utilizouse unha serie de estímulos abstractos consistente en 4 triángulos equiláteros con diferente orientación. Un triángulo cunha aresta horizontal e un vértice apuntando cara abaixo foi utilizado como obxectivo. A secuencia preditiva consistiu en tres triángulos apuntando cara a esquerda, arriba e dereita. Ambos grupos (PD e controis) obtiveron tempos de reacción máis rápidos para os estímulos preditos, comparados cós aleatorios, tanto na sesión implícita coma na explícita, a pesar de que a diferencia entre obxectivos preditos e aleatorios foi maior na sesión explícita en ambos grupos. A análise da conectividade funcional revelou que durante a visualización do derradeiro, máis informativo, estímulo da secuencia preditiva, os pacientes de PD amosaron unha rede funcional con maior aglutinamento, comparados cós controis, na banda theta. Este achado asociouse con conexións de longo alcance máis febles entre as rexións frontal, central e parietal en ambas sesións. Os resultados suxiren alteracións da conectividade funcional durante o procesamento contextual tanto implícito coma explícito, nas redes frontais asociadas có procesamento “top – down”. O segundo estudo examinou tres grupos: un grupo de xogadores profesionais de baloncesto, un grupo de xogadores de videoxogos e outro grupo de deportistas profesionais que practican deportes individuais, a fin de investigar os efectos da actividade física e da toma constante de decisions, mentres que os dous grupos restantes exhiben estas características de xeito illado. Neste experimento os suxeitos realizaron dúas sesións do paradigma previamente descrito: unha utilizando triángulos abstractos e a outra con estímulos consistentes en 4 imaxes da vida real sobre un xogador de baloncesto realizando un tiro a canastra. Os tres grupos obtiveron tempos de reacción máis rápidos para os obxectivos preditos comparados cós aleatorios en ambas sesións. A análise da conectividade funcional amosou un maior aglutinamento da rede funcional nos xogadores de baloncesto comparados cós xogadores de videoxogos durante a detección de obxectivos aleatorios na sesión abstracta. Os xogadores de baloncesto tamén amosaron un maior coeficiente de aglutinamento en comparación cós deportistas individuais durante o procesamento do segundo estímulo da secuencia preditiva, na sesión na cal se amosaron as imaxes do xogador de baloncesto. Estes achados foron asociados con conexións fronto - parietais máis fortes nos xogadores de baloncesto suxerindo unha maior asignación da atención cara ós estímulos relevantes da tarefa. Ademáis, os xogadores de videoxogos comaprados cós deportistas individuais amosaron un maior coeficiente de aglutinamento e un camiño mínimo máis longo durante o procesamento do derradeiro, máis informativo estímulo da secuencia preditiva, cando se amosaron as imaxes da sesión do xogador de baloncesto. Este descubrimento asociouse con conexións fronto - parietais máis fortes nos xogadores de videoxogos comparados cós deportistas individuais, o que pode ser debido a unha maior asignación de recursos atencionais durante o procesamento deste estímulo preditivo. Os achados deste estudo poderían sentar as bases para o deseño de terapias non farmacolóxicas orientadas ó tratamento dos déficits de atención.