Adequacy of Assesment tools in Official English Certificates to the Guidelines provided by the Common European Framework for languagesan analysis on the effective implementation of rubrics

  1. Fraga, Lucía
Dirixida por:
  1. Eduardo Barros-Grela Director
  2. María Bobadilla-Pérez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de outubro de 2019

Tribunal:
  1. María Elena Gómez Parra Presidente/a
  2. Antonio Raúl de Toro Santos Secretario
  3. María Victoria López Pérez Vogal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tese

Teseo: 596923 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O Consello Europeo, a través do Marco Común Europeo de Referencia para a Lingua, Ensino e Aprendizaxe ( MCER), impulsou cambios no proceso de ensino e aprendizaxe de linguas, tales como o enfoque comunicativo. Esta tese doutoral analizou os exames e as rúbricas dos principais Certificados Oficiais en España para comprobar a eficiencia coa que adoptaron as directrices do MCER. Os resultados deste estudo mostran que aínda se necesita máis investigación neste campo xa que se detectaron incongruencias e omisións. Un dos resultados máis significativos foi o feito de que os certificados que determinan a competencia dos estudantes conteñen erros na implementación das directrices do marco e examinan con rúbricas que non cumpren cos requisitos de validez e eficiencia que se espera delas. Ademais, moitas das limitacións deste estudo derívanse da falta de transparencia en canto a criterios de avaliación, instrumentos e datos de fiabilidade dos certificados. Por outra banda, esta investigación permitiu establecer patróns entre a avaliación das diferentes destrezas e pode contribuír á mellora do proceso de avaliación desde a perspectiva de creación de exames e deseño de rúbricas. O cambio cara a unha avaliación máis comunicativa das destrezas receptivas tamén pode iniciarse a partir dalgunhas bases da presente tese.