As TIC e a normalización lingüística na sociedade galega actual. Unha aproximación á súa realidade educativa
- Varela Armas, Luz
- Goretti Sanmartín Rei Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 26 de setembro de 2017
- Xosé Ramón Freixeiro Mato Presidente
- Xavier Gómez Guinovart Secretario/a
- Maria Aldina Marques Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O presente traballo pretende realizar un primeiro achegamento ás implicacións que as TIC (especialmente, Internet) teñen para as linguas dominadas, centrado no eido educativo galego. Así, despois dunha revisión do estado da cuestión (capítulo 1), realízase un achegamento á historia e características de Internet, para entender mellor as súas implicacións lingüísticas e sociais (capítulo 2). A seguir, lévase a cabo unha análise dos usos lingüísticos nas TIC no ámbito educativo a partir dos datos extraídos de 1072 blogues didácticos procedentes de centros galegos (capítulo 3). Compleméntanse estes datos cos extraídos dunha enquisa, realizada por 428 persoas procedentes da comunidade educativa, con preguntas sobre a percepción, o uso e as actitudes cara ao galego na rede (capítulo 4). No último capítulo (5) expóñense as principais conclusións e propóñense algunhas liñas de actuación tendo en conta os datos analizados.