El sistema verbal en la enseñanza del español como lengua extranjera a rusohablantes
- Molkova, Svetlana
- Esperanza Acín Villa Directora
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 05 de julio de 2017
- Julio Borrego Nieto Presidente/a
- Cristina Fernández Bernárdez Secretario/a
- Joanna Wilk-Racieska Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
O obxectivo principal desta investigación consiste en determinar as particularidades da adquisición do sistema verbal do español por parte dos aprendices que teñen o ruso como idioma materno e destacar as posíbeis causas destas. Mediante a análise de máis de 5000 empregos correctos e erróneos do alumnado, recollidos en dous corpus ‒un dos cales foi creado especificamente para esta investigación‒, preténdese destacar os trazos característicos da interlingua dos aprendices rusofalantes, sinalando os usos verbais consolidados, os empregos de baixo nivel de adquisición e os usos errados con tendencia a se fosilizaren. Preténdese, igualmente, ofrecer explicacións a respecto das causas destes empregos, indicando correspondencias entre estes usos das formas verbais e os factores que inflúen neles. Aplícase o modelo da análise de erros na interlingua dos aprendices e, alén diso, os resultados da análise dos usos das formas verbais interprétanse considerando as predicións da análise contrastiva dos sistemas verbais do español e do ruso. Ademais, expóñense os resultados dos estudos sobre os factores determinantes na adquisición de linguas estranxeiras e as conclusións das investigacións dedicadas á adquisición do sistema verbal.