Estudio del perfil de ingreso y de la mortalidad en una muestra de personas mayores que utilizan recursos sociosanitarios

  1. Río Díaz, Thais
Dirixida por:
  1. José Carlos Millán-Calenti Co-director
  2. Ana Maseda Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de xullo de 2017

Tribunal:
  1. Rosa López Mongil Presidente/a
  2. Laura Lorenzo López Secretaria
  3. Óscar Ribeiro Vogal
Departamento:
  1. Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas

Tipo: Tese

Teseo: 482856 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución. O proceso de cambio no que estamos inmersos, tanto a nivel sociodemográfico como sanitario, fai preciso establecer o perfil de ingreso e a mortalidade das persoas maiores que son institucionalizadas, a fin de coñecer o seu cambio co transcurso dos anos. Obxectivos. Describir e analizar o perfil de ingreso, de acordo ao estado de saúde e funcional, dunha mostra de persoas maiores, así como a porcentaxe de falecementos, identificando as diferenzas entre os centros residenciais vs. os centros de día e a evolución no tempo de ditos perfís (2010 vs 2015). Material e método. A mostra estaba composta por usuarios (n=145) que ingresaron nun centro xerontolóxico durante os ano 2010 e 2015. Para a análise das variables, dividiuse en grupos de acordo ao recurso empregado (Residencia e Centro de Día), diferenciando tamén entre o ano de ingreso e o xénero. Recolléronse datos referentes ás características sociodemográficas e de saúde dos usuarios, así como o estado funcional (Índice de Barthel), cognitivo (MMSE), sintomatoloxía condutual (NPI), risco de padecer úlceras por presión-UPP (Escala de Braden-Bergstrom) e estado nutricional (MNA). Resultados. Non se observaron diferenzas na comparación entre anos en relación á presenza de deterioro cognitivo nin funcional, pero si na incidencia dalgúns trastornos condutuais (disforia, ansiedade, agresividade, apatía e conduta motriz anómala). O estado funcional e nutricional dos usuarios de Residencia foi peor que nos de Centro de Día, así como o risco de padecer UPP e a incidencia de mortalidade. Non se observou cambio no perfil de ingreso en relación co estado de saúde e funcional, aínda que si se evidenciou unha maior incidencia de trastornos condutuais e polifarmacia. Conclusións. Dos resultados obtidos e dadas as variacións no perfil de ingreso dos usuarios nos recursos xerontolóxicos, condicionadas polo paso do tempo, sería preciso adecuar a formación dos seus profesionais, así como os procedementos de valoración e intervención implementados.