Terapia acuática y desempeño ocupacional en salud mental
- Rosa Meijide Faílde Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 28 de xuño de 2017
- M. A. Simón Presidente
- María Lourdes Mourelle Mosqueira Secretario/a
- Silvia Teresa Torres Piles Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O trastorno mental grave (TMG) está asociado ás dificultades no funcionamento persoal e social, reducindo a calidade de vida das persoas que o sofreno O obxectivo deste estudo é avaliar a eficacia das técnicas de terapia acuática incluídas nun programa de terapia ocupacional en pacientes con TMG. Metodoloxía: Estudo experimental prospectivo randomizado para avaliar a eficacia da terapia acuática en pacientes con TMG en Servizos de Saúde Mental de Mallorca. O grupo experimental participou nun programa de terapia acuática (24 sesións en 3 meses). O grupo de control continuou ca tratamento estándar. Este estudo seguiu as recomendacións CONSORT. Os pacientes en ambos grupos foron avaliados no inicio e no final da intervención. Os instrumentos utilizados para avaliar a eficacia foron escala HONOS, cuestionario SF-36, a escala BELS e o Test Up and Go, e un cuestionario de satisfacción. Resultados: As técnicas de terapia acuática incluidas no programa de Terapia Ocupacional melloraron a calidade de vida, o desempeño ocupacional nas actividades da vida diaria, as habilidades sociais e físicas, e na sintomatoloxía nas persoas con TMG. Conclusión: O protocolo de terapia acuática incluido no programa de Terapia Ocupacional é eficaz para mellorar o desempeño ocupacional e a calidade de vida das persoas con TMG.