Biophysical and biochemical markers in the third trimester of gestation in prediction of adverse perinatal outcome
- Valiño Calviño, Nuria
- Kypros H. Nicolaides Co-director
- Salvador Pita Fernández Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 11 de abril de 2019
- Manuel Macía Cortiñas Presidente/a
- Sonia Pértega Díaz Secretaria
- Spyros Bakalis Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Obxectivos: o obxectivo desta tese foi investigar o valor potencial dos marcadores biofísicos e bioquímicos no terceiro trimestre da xestación na predición de resultados perinatais adversos. Métodos: Realizamos un cribado prospectivo de resultados perinatais adversos en xestacións únicas que acoden á súa visita prenatal rutineira. As xestantes foron valoradas entre as 30-34 semanas de xestación ou entre as 35-37 semanas. Analizamos máis de 30.000 mulleres ás 30-34 semanas de xestación e máis de 3.900 ás 35-37 semanas de xestación coa aprobación do comité ético para a realización destes estudos. Usamos un modelo de análise de regresión multivariante para definir a contribución de cada un ha das características maternas e biomarcadores na predición de cada resultado adverso, incluíndo a preeclampsia (PE), o nacemento de neonatos pequenos para a idade xestacional (SGA), morte fetal intraútero, cesárea por sufrimento fetal previo inicio do traballo de parto ou durante o mesmo, pH baixo en sangue do cordón umbilical, puntuación baixa no test de Apgar ou ingreso na unidade de coi dados neonatais. Resultados: Os modelos combinados de predición identificaron axeitadamente a gran maioría das xestacións complicadas con PE e SGA e a previsión foi mellor se estes eventos se producían antes das 37 semanas de xestación. A previsión da cesárea por sufrimento fetal previo parto tamén foi posible con estes modelos. A predición da mortalidade fetal intraútero, cesárea por sufrimento fetal intraparto, pH baixo na sangue de cordón umbilical, a puntuación baixa no test de Apgar ou a admisión na unidade de coidados neonatais foron pobres en casos distintos aos complicados con PE e/ou SGA. Conclusión: A avaliación por medio de marcadores biofisicos e bioquímicos de placentación alterada no terceiro trimestre de xestación proporciona unha boa predición para PE, SGA e sufrimento fetal previo parto, pero pouca ou ningunha predición de mortes fetais intraútero e dos eventos adversos acontecidos durante o traballo do parto ou despois do mesmo.