Violencia machista y menoresefectos en los niños a causa del tipo de educación parental recibida

  1. Vázquez Miraz, Pedro
Dirixida por:
  1. Miguel Clemente Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Manuel Gandoy Crego Presidente/a
  2. Raquel Martínez Buján Secretaria
  3. Carlos Alberto Poiares Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 493182 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Preséntase nesta tese doutoral unha investigación científica sobre os estilos educativos parentais e a súa influencia nos nenos; un traballo que permítenos aclara-lo nivel de machismo dos proxenitores (termo que se asocia cos conceptos de cultura da honra, sexismo, masculinidade e ideoloxía de roles sexuais) e relacionalo á súa vez co tipo de educación que reciben os menores. Tras presentar unha parte teórica onde se incide no estudo e a evolución dos conceptos de maltrato infantil, violencia de xénero e violencia doméstica, nas diferentes teorías explicativas que analizan estas condutas e nas características descritivas das vítimas; na parte empírica, preséntase un estudo dunha mostra de 310 proxenitores procedentes da cidade da Coruña e a súa área metropolita, que consta de diferentes análises de varianza e análises de regresión lineal entre os conceptos anteriormente citados e variables como a idade, o sexo e os tipos de educación parental (educación autoritaria, permisiva ou democrática). Ademais realízase unha revisión do instrumento que mide a cultura da honra e proponse a creación dunha nova proba para medir o machismo. En conclusión, os resultados obtidos revelan unha forte relación estatística entre o machismo, a idade e o sexo dos proxenitores e o nivel de autoritarismo que presenta a educación que transmiten os pais aos seus fillos.