Análisis ecográfico del deslizamiento del nervio mediano en pacientes con accidente cerebrovascular en comparación con un grupo control
- Rodríguez López, Carlos
- Javier Muñiz Co-director
- Bibiana da Rocha-Souto Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 05 de xullo de 2017
- Rafael Gabriel Sánchez Presidente/a
- Sergio Santos-del-Riego Secretario
- Antonio Pose Reino Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Obxectivos: Cuantificar o desprazamento lonxitudinal do nervio medio en ambos os membros superiores en pacientes que sufrisen un ACV en comparación con suxeitos saudábeis, e analizar a relación do desprazamento do nervio con o xénero e a idade, así como con variábeis propias do grupo con ictus, como o tempo transcorrido desde a lesión, a sensibilidade, espasticidade e dependencia. Material e métodos: Estudo observacional que inclúe suxeitos con ACV (n=44) e un grupo control (n=44). Foi avaliado ecograficamente o desprazamento do nervio medio durante movementos articulares pasivos en ambos os grupos e foron rexistrados datos de sensibilidade, Escala de Ashworth, Índice de Barthel e Timed Up and Go no grupo con ACV. Resultados: O desprazamento neural é menor en ACV, con diferenzas de 3,57 e 2,17 mm nos lados afecto e contralateral respecto ao grupo control (p=0) e só para a flexión dorsal de pulso hai diferenzas entre ambos os lados (p=0,033). Foron encontradas características do desprazamento relacionadas con todas as variábeis excepto a propiocepción e o test de marcha . Conclusións: O nervio medio está mecanicamente alterado en pacientes con ACV en ambos os hemicorpos, o que pode ofrecer unha perspectiva diferente sobre os síntomas asociados a esta patoloxía.